MANIFESTO DO DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE 2007
As organizacións e colectivos medioambientais galegos queremos
facer un chamado á sociedade galega para sensibilizala sobre o
problema do quecemento do clima, que no noso país vai ter
especial repercusión.
A rápida e transcendental mudanza na composición da atmosfera
con relación aos valores mantidos durante millóns de anos, fai que
a sua capacidade de autorregulación fique mermada. O fenómeno
do quecemento global débese principalmente ao incremento do
CO2 atmosférico provocado polas actividades humanas. En
Galiza, as emisións de gases de efeito invernadoiro (GEIs)
provintes sobre todo das térmicas de carbón, verdadeiras fábricas
de cambio climático, están por riba da media estatal e mesmo
superan ás dos países da UE que máis contaminan.
Este quecemento global está a provocar un deterioro ambiental
xeralizado que xa está a acontecer, particularmente naquelas
zonas máis sensíbeis da Terra. Entre estas están os casquetes
polares e as terras con tendencia á desertización, pero tamén
amplas áreas costeiras de clima temperado como Galiza. O rápido
desxeo está a provocar a incorporación de enormes cantidades
auga líquida aos océanos dende os polos e os glaciares
continentais. Estanse a rexistrar xa variacións do nível dos
océanos e hai previsións de se incrementar nos vindeiros anos.
Qué pasará coas cidades e vilas costeiras galegas?.
Ao mesmo tempo, están a acontecer modificacións na
composición e temperatura das augas, que ameazan con alterar a
fráxil dinámica das correntes mariñas. Galiza está bañada polas
augas cálidas da corrente do Golfo que se achega ás nosas costas
no inverno, afastándose no verán para deixar paso ás frías augas
profundas. Esta dinámica atempera o noso clima e fertiliza o noso
mar, facendo das rías uns dos ecosistemas con maior
produtividade biolóxica do planeta. Qué pasará se crebamos este
delicado equilibrio?
Nas serras interiores, grande cantidade de auga fica retida durante
o inverno nos nosos montes, particularmente nas turbeiras, que
xogan un papel importantísimo no balance hídrico global e, de
paso, garanten a fertilidade dos nosos vales e fecundan as rías.
Moitas destas turbeiras, coma as do Xistral, ecosistemas únicos e
moi sensíbeis, foron destruidas pola implantación masiva de
parques eólicos, perdendo o seu papel regulador das augas libres.
Cómo afectará a escaseza de auga aos ecosistemas e ás persoas
que neles viven?
En Galiza, as predicións mais optimistas indican que o clima vai
mudar cara unha progresiva mediterranización: veráns máis
cálidos, invernos máis fríos e descenso das precipitacións, con
épocas de secas e fortes avenidas. Os incendios forestais,
agravados polas intensas secas, inxectan á atmósfera grandes
cantidades de GEIs (principalmente CO, CO2 e metano). Temos
así un círculo vicioso: máis cambio climático produce máis
incendios forestais, mais incendios agravan o cambio climático.
Todo isto unido á masiva urbanización da costa que agravará as
consecuencias deste deterioro ambiental propiciado pola mudanza
climática.
Cómpre tomar medidas para frear esta dinámica e cómpre facelo
xa. Por iso, as organizacións e colectivos asinantes queremos
expresar á sociedade e aos poderes públicos:
-Que é necesario un compromiso firme para reducción das
emisions de gases de efecto invernadoiro, máis ambicioso que o
recollido no actual protocolo de Kioto. Este esforzo na reducción
dos GEIs debe ser maior para aqueles sectores máis
contaminantes: as térmicas de carbón, cementeiras e
petroquímicas.
-É preciso tamén un maior control das emisións dos sectores
difusos, nomeadamente do tráfico, que representa o 60% das
emisións. Non é admisíbel continuar programando infraestruturas
de transporte por estrada, esquecendo o transporte público e
abandonando os camiños de ferro. Esiximos unha rede de
ferrocarrís interurbana eficaz e vertebradora do país que contribúa
a reducir drásticamente as emisións de CO2 debidas ao
transporte privado.
-Débense fomentar as enerxías renovábeis con criterios de
sustentabilidade, abandonando o produtivismo a ultranza. A
minimización do seu impacto ambiental, a extensión dos seus
beneficios á poboación local, procurando a máxima proximidade
entre produción e consumo, alén da substitución das non
renovábeis, deben ser os guieiros dunha nova política enerxética.
Paralelamente, reclamamos a inmediata posta en marcha de
planos de aforro e eficiencia, integrando a filosofía dos 3R, dende
o fogar até a empresa comezando polas propias administracións.
Para isto resulta imprescindíbel fomentar programas de educación
ambiental que atinxan a toda a cidadania.
-A presión urbanística sobre a costa ameaza con agravar os
efeitos do cambio climático, o que unido ao incremento da
demanda de auga e á diminución dos recursos hídricos, fai
necesaria unha nova planificación do territorio con criterios de
sustentabilidade. Os PXOMs deberían incluir medidas eficaces para
a redución do consumo doméstico e industrial de auga e a sua
reutilización, implantando sistemas de depuración máis eficientes,
ecolóxicos e descentralizados.
-A alteración irreversíbel das nosas montañas debido á pegada de
actividades e explotacións agresivas, compromete a súa
capacidade para a captación da auga, alén de poñer en perigo
ecosistemas únicos. Reclamamos a aprobación da Carta das
Montañas e, como primeiro paso, solicitamos unha moratoria
para as canteiras e minas a ceo aberto en Galiza.
-Apostamos por unha Galiza verde que recupere o seu papel de
rexeneradora de CO2 mediante a conservación da biodiversidade
e o fomento do bosque autóctono, freando a eucaliptización e
promocionando unha agricultura centrada na terra e nas súas
xentes, alonxándonos das falsas saidas “bio” como a utilización
de cultivos enerxéticos para carburantes.
Dende Galiza temos que trabar con eficacia as ameazas de
desertización e perda de fertilidade dos nosos solos e rías que
trae o cambio climático, actuando con decisión e sen demora
contra as suas causas. Debemos recuperar a nosa vocación de
país de vida, responsábel e solidario cos demáis povos, asumindo
un compromiso coa terra e co planeta parello á nosa
responsabilidade individual e colectiva no cambio climático.
.
.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO I
De los derechos y deberes fundamentales
CAPÍTULO TERCERO
De los principios rectores de la política social y económica
Artículo 45
1. Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo.
2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.
3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la ley fije se establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de reparar el daño causado.
LA CONSTITUCIÓN:
Es el derecho básico de la organización del Estado.
Es la norma jurídica más importante, de la que dependen las demás.
Sirve de referente para el desarrollo de las leyes, establece los principios, los derechos y los deberes de los ciudadanos y la organización del estado.



Meneame
del.icio.us