¿Qué é a axenda 21 local?
É un Instrumento de planificación que analiza o estado medioambiental
de cada localidade a través da participación cidadá.Os cidadáns
deben indicar cal e o camiño do desenvolvemento sostible local
mediante as súas propostas.Miles de municipios teñen abordado
este procedemento en todo o mundo, integrándose a cotío en
asociacións ou programas de carácter supralocal e incluso internacional
Ex: Vigo, Nigrán… con programas individuais Caminha, Vilanova
de Cerveira, Paredes de Coura, Valença e Mónaco con un único
programa supralocal o igual que outros moitos.En la actualidade mas
de 2000 entidades a nivel internacional conforman la Internacional
Council for Local Environmental Initiatives, ICLEI).
www.agenda21-local.net
¿Qué funcións desempeña a axenda 21 local?·
Integración dos obxectivos de desenrolo sostible na administración local,
as súas políticas e actividades de xestión.
· Sensibilización e educación en temas medioambientais e de desenrolo sostible.
· Acceso publico a información medioambiental.
· Participación e consultas publicas
· Colaboración con empresas, ONGs, cidades cercanas, etc.
· Medición, seguimento e presentación de informes sobre os avances
hacia a sustentabilidade
¿ Como se crea unha axenda 21 local?
Dado o carácter voluntario da adhesión de calquera municipio a este
proxecto, faise unha convocatoria pública, por medio da FEGAMP para que
os interesados presenten a súa solicitude.
Os requisitos para acceder o proxecto son:
- Compromiso formalizado e unánime de toda a Corporación municipal,
de involucrarse neste proceso, expresando unha clara vontade de permanencia
no tempo.
- Vontade de progreso en canto á sustentabilidade, demostrable en accións
xa executadas ou en marcha, en particular proxectos ambientais emprendidos
ou promovidos polo concello.
- Grao de implicación do concello en posibles apartacións de recursos e
apoio financeiro por parte do sector empresarial
- Creación de mecanismos efectivos de participación pública en tomas de
decisión municipais, aparte dos habituais de exposición e alegacións.
- Cumprimento da normativa ambiental vixente.
¡Emprende accións que favorezan o desenrolo sustentable na nosa comunidade! ¡Comparte as túas opinións coa túa comunidade e co concello!
¡Involucremos o concello nas accións que levemos a cabo !
¡Facilítalle este tipo de información os teus coñecidos!
¡Mobilízate! ¡Pide! ¡Queixate!
¡IMPLÍCATE! Ponte en contacto con nós
E a mellor idea. ¿Qué dices?
.