Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

Archivo: Abril 2008

Protesta no Concello Porriño

val 27/04/2008 @ 21:51

depuradora concentracion

VAL amigos do medioambiente xunto con VERDEGAIA

CONCENTRACIÓN NO PORRIÑO

val 24/04/2008 @ 15:55

O colectivo “VAL, Amigos do Medioambiente” do Porriño, xunto con grupo ecoloxista Verdegaia, realizarán unha Concentración o día 26 de Abril a partir das 12.00 na Praza do Concello do Porriño, denunciando publicamente o actual estado de abandono das instalacións da depuradora da conca do Río Louro e a deixadez por parte da administración autonómica e local do Val da Louriña.

A depuradora foi inaugurada no ano 2006 e tivo un custe de case 100 millóns de euros. Dende VAL exisimos a posta en funcionamento de ditas instalacións

A FENOLOXÍA

val 14/04/2008 @ 18:12


Que é a fenoloxía?

A fenoloxía estuda os fenómenos biolóxicos que se presentan acomodados a ritmos periódicos en relación co tempo e o clima. A fenoloxía parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son os mellores indicadores do tempo atmosférico, servindo tamén para valorar a repercusión que os cambios climatolóxicos poden ter nos seres vivos.

 

A fenoloxía e os ríos

Os ecosistemas fluviais dependen de múltiples factores para o seu bo funcionamento. Un destes factores é a fenoloxía dos organismos que habitan nos ríos, indicándonos cos seu ciclos vitais as interaccións existentes entre atmosfera, hidrosfera e biosfera, podendo establecer así climas e microclimas, unidades territoriais ou relacións de dependencia entre diferentes organismos. Variacións ou desaxustes no comportamento fenolóxico de determinadas especies poden incidir no correcto desenvolvemento de outras, provocando unha importante perda de biodiversidade. A fenoloxía das especies depende ademáis de factores atmosféricos como a temperatura, a insolación, as xeadas ou a dispoñibilidade de auga, condicionando directamente o funcionamento do ecosistema.


A fenoloxía e o cambio climático

O coñecemento do comportamento fenolóxico dos organismos que viven nos ríos é unha ferramenta moi valiosa á hora de analizar o estado de saúde do ecosistema e relacionalo coas actividades humanas e os seus impactos a nivel global. Según diversos estudos o cambio climático provocará unha diminución dos recursos hídricos do 30-35% o que evidentemente afectará aos cursos fluviais.