Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

Archivo: Febrero 2009

O tren de alta velocidade arrasa máis as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

val 19/02/2009 @ 19:16

Destruccion de espazos protexidos nas parroquias de Guillarei , San Salvador de Budiño e Atios

A asociación ecoloxista Verdegaia quer alertar de que o trazado proposto para a fronteira portuguesa-Porriño do Tren de Alta Velocidade (TAV) afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

gndaras_de_budio.jpg

En concreto, á altura da parroquia de Guillarei prevese a construción dun viaduto de 4,5 km para cruzar o río Miño e as súas veigas que atravesaría polo medio o espazo natural ao longo de 1,5 km e produciría a destrución do Ameal das Travesas, hábitat de conservación prioritária para a UE (código 91E0--Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) e afectaría tamén ao hábitat de interesse comunitario 3150 (Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition).

Máis ao Norte, na parroquia de San Salvador de Budiño, a liña pasaría ao carón do espazo natural, o que podería ocasionar arrastres de terra cara á turbeira do Cerquido* durante a fase de construción. Neste ponto sería conveniente a construción dun paso elevado o que polo de agora non está contemplado.

Por último, na parroquia de Atios, no extremo Norte do espazo natural, as vías construiríanse ao longo de 600 m paralelas á autovía mais dentro dos límites do LIC, levando por diante os hábitats 91E0 e o 3150.

Seguir leyendo el resto »

Últimas paradas da Caravana de concertos de Galiza Non Se Vende

val 10/02/2009 @ 07:50

O goberno "bipartido" da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza deste sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:

Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende, ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.

http://galizanonsevende.org/