Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

Domingo 11 de maio: Roteiro de inspección dos colectores do río Louro no Porriño

val @ 11:43

Verdegaia e V.A.L. organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores do río Louro no Porriño. 

Verdegaia e V.A.L.  organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores que verquen ilegalmente ó río Louro no Porriño. O obxectivo da actividade é realizar un mapa dos colectores polos que se realizan verquidos ilegais a este curso fluvial para posteriormente denunciar estes feitos antes as autoridades pertinentes. Ademais, aproveitaremos a realización deste roteiro para  reclamar, unha vez máis, que a E.D.A.R. de Tui comece a funcionar para solucionar o grave problema de calidade da auga que padece o Louro, un dos ríos máis contaminados de Galicia. Sairase da Estación da autobuses de Vigo ás 10:00 h. para chegar ás 11:00 h. ó aparcadorio da Lagoa de Orbenlle e aí comezar a camiñar.  O itinerario previsto é o seguinte: aparcadorio da Lagoa de Orbenlle, treito do río Louro entre a lagoa de Orbenlle e O Porriño.        

  A dificultade é media co inconvinte de camiñar a carón do río sen contar con bos camiños nalgúns treitos do roteiro.            O roteiro durará toda a mañá e descorrerá a carón do río Louro polo que cómpre levar calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos.         

 Esta actividade organízase en transporte público colectivo e para chegar á estación de autobuses pódese coller a liña C4C do autobús urbano, para non empregar o vehículo privado e así non contribuír ao avanzo do cambio climático.

Contacto: Manu: 675187124

No hay Comentarios »

Dejar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>