Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

LIMPEZA SIMULTANEA DE RÍOS

val @ 16:09

Nesta campaña de outono estamos a organizar unha limpeza nun río do Val da Louriña para o sábado 4 de outubro. Para esta xornada Porxecto Ríos editou un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos e VAL, Amigos do Medioambiente queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes e comportamentos responsábeis cara medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes.

As actividades desenvolveranse en 22 concellos simultaneamente. En cada un deles haberá unha persoa ou entidade responsábel.

Para anotarvos podedelo facer atraves da nosa web ou no teléfono 658943491 Paula Domínguez (Coordinadora VAL) , tamén se estades interesados en participar podedes contactar con Paco Bañobre, coordinador de grupos do Proxecto Ríos (teléfono: 981.57.00.00; pacobanhobre@adega.info).

Sen maís esperamos contar co voso apoio para conseguir unha terra maís limpa e sostibel.

 

Un Comentario »

  1. La verdad es que la limpieza esta quedando genial ;)

    Djibouti — 26-01-2009 - 23:59:17 GMT 1

Dejar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>