Administra tu Blog

¡Crea tu Blog Ya! Fácil y Gratis

O tren de alta velocidade arrasa máis as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

val @ 19:16

Destruccion de espazos protexidos nas parroquias de Guillarei , San Salvador de Budiño e Atios

A asociación ecoloxista Verdegaia quer alertar de que o trazado proposto para a fronteira portuguesa-Porriño do Tren de Alta Velocidade (TAV) afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

gndaras_de_budio.jpg

En concreto, á altura da parroquia de Guillarei prevese a construción dun viaduto de 4,5 km para cruzar o río Miño e as súas veigas que atravesaría polo medio o espazo natural ao longo de 1,5 km e produciría a destrución do Ameal das Travesas, hábitat de conservación prioritária para a UE (código 91E0--Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) e afectaría tamén ao hábitat de interesse comunitario 3150 (Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition).

Máis ao Norte, na parroquia de San Salvador de Budiño, a liña pasaría ao carón do espazo natural, o que podería ocasionar arrastres de terra cara á turbeira do Cerquido* durante a fase de construción. Neste ponto sería conveniente a construción dun paso elevado o que polo de agora non está contemplado.

Por último, na parroquia de Atios, no extremo Norte do espazo natural, as vías construiríanse ao longo de 600 m paralelas á autovía mais dentro dos límites do LIC, levando por diante os hábitats 91E0 e o 3150.

Verdegaia exixe a actuación da Consellaría de Medio Ambiente, dado que o trazado exposto a información pública -sobre o cal a asociación apresentou alegacións- é totalmente incompatíbel coa catalogación como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e a súa inclusión na Rede Natura.

*A turbeira do Cerquido conta com 5 hábitats de interese comunitario, un deles de conservación prioritaria: 3110--Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas, 3150--Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, 4020--Uceiras húmidas de Erica ciliaris e E. tetralix, 7130—Turbeiras, 150--Depresións sobre substratos do Rhyncosporion.

-----------------------------------------------------------------

Segun lo que nos comenta un usuario de Porriño estas obras de transporte puede que esten cumpliendo con toda la ley vigente segun el plano urbanístico y rural.


No hay Comentarios »

Dejar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>