. . . . . VAL . . . . Amigos do Medioambiente http://medioambienteval.nireblog.com Fri, 03 Jul 2009 19:13:54 +0100 . . . . . VAL . . . . Amigos do Medioambiente http://files.nireblog.com/blogs/medioambienteval/gravatar.gif http://medioambienteval.nireblog.com http://nireblog.com Galiza non se vende GNSV http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/05/20/galiza-non-se-vende-gnsv http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/05/20/galiza-non-se-vende-gnsv

Comments

]]>
Wed, 20 May 2009 12:13:43 +0100
GALICIA Y SUS PERRERAS MEDIEVALES http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/03/30/galicia-y-sus-perreras-medievales http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/03/30/galicia-y-sus-perreras-medievales ¿qué es lo que está ocurriendo con las perreras en Galicia?, cómo es posible que el Siglo XXI descubramos que siguen existiendo Centros municipales oficialmente dedicados a la acogida, al cuidado y a la adopción de animales abandonados sumidos no ya en la precariedad, sino carentes de cualquier tipo de recurso que obligatoriamente ha de ir unido a este tipo de servicio y en los que el departamento dedicado a la muerte de los perros y de los gatos parece ser el único que funciona con siniestra efectividad, al menos desde el punto de vista económico que no bajo el deontológico, porque por ahorrar gastos en cualquier tipo de atención, manutención, personal o medios materiales, se aplica la ejecución modo abundante y barato, tendente no a evitar el sufrimiento de los animales, sino a impedir que pidan de comer o a tener que procurarles cuidados veterinarios y para ello nada mejor que matarlos, de hambre, dejando de atenderles en caso de enfermedad o de heridas, facilitando las peleas y si al final nada de eso resulta efectivo, con un sacrificio económico, que la muerte de saldo no elude padecimientos pero si ahorra euros. (noticia origen ... leer mais... PRECAUCION imagenes reales). http://www.findelmaltratoanimal.blogspot.com/

.

ASPAP, Asociacion Protectora de Animais do Porriño e os arredores... colectivo de personas voluntarias altruistas dedicadas a la denfensa, difusion y adopcion de perros y gatos abandonados (pica aqui...enlace)

Comments

]]>
Mon, 30 Mar 2009 12:47:33 +0100
O tren de alta velocidade arrasa máis as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/02/19/o-tren-de-alta-velocidade-arrasa-mais-as-gandaras-de-budiao-e-ribeiras-do-louro http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/02/19/o-tren-de-alta-velocidade-arrasa-mais-as-gandaras-de-budiao-e-ribeiras-do-louro Destruccion de espazos protexidos nas parroquias de Guillarei , San Salvador de Budiño e Atios

A asociación ecoloxista Verdegaia quer alertar de que o trazado proposto para a fronteira portuguesa-Porriño do Tren de Alta Velocidade (TAV) afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

gndaras_de_budio.jpg

En concreto, á altura da parroquia de Guillarei prevese a construción dun viaduto de 4,5 km para cruzar o río Miño e as súas veigas que atravesaría polo medio o espazo natural ao longo de 1,5 km e produciría a destrución do Ameal das Travesas, hábitat de conservación prioritária para a UE (código 91E0--Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) e afectaría tamén ao hábitat de interesse comunitario 3150 (Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition).

Máis ao Norte, na parroquia de San Salvador de Budiño, a liña pasaría ao carón do espazo natural, o que podería ocasionar arrastres de terra cara á turbeira do Cerquido* durante a fase de construción. Neste ponto sería conveniente a construción dun paso elevado o que polo de agora non está contemplado.

Por último, na parroquia de Atios, no extremo Norte do espazo natural, as vías construiríanse ao longo de 600 m paralelas á autovía mais dentro dos límites do LIC, levando por diante os hábitats 91E0 e o 3150.

Verdegaia exixe a actuación da Consellaría de Medio Ambiente, dado que o trazado exposto a información pública -sobre o cal a asociación apresentou alegacións- é totalmente incompatíbel coa catalogación como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e a súa inclusión na Rede Natura.

*A turbeira do Cerquido conta com 5 hábitats de interese comunitario, un deles de conservación prioritaria: 3110--Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas, 3150--Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, 4020--Uceiras húmidas de Erica ciliaris e E. tetralix, 7130—Turbeiras, 150--Depresións sobre substratos do Rhyncosporion.

-----------------------------------------------------------------

Segun lo que nos comenta un usuario de Porriño estas obras de transporte puede que esten cumpliendo con toda la ley vigente segun el plano urbanístico y rural.


Comments

]]>
Thu, 19 Feb 2009 19:16:49 +0100
Últimas paradas da Caravana de concertos de Galiza Non Se Vende http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/02/10/ultimas-paradas-da-caravana-de-concertos-de-galiza-non-se-vende http://medioambienteval.nireblog.com/post/2009/02/10/ultimas-paradas-da-caravana-de-concertos-de-galiza-non-se-vende

O goberno "bipartido" da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza deste sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:

Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende, ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.

http://galizanonsevende.org/

Comments

]]>
Tue, 10 Feb 2009 07:50:50 +0100
MANIFESTACIÓN Pola Defensa do Territorio e da nosa Calidade de Vida. http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/12/18/manifestacion-pola-defensa-do-territorio-e-da-nosa-calidade-de-vida http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/12/18/manifestacion-pola-defensa-do-territorio-e-da-nosa-calidade-de-vida Manifestación convocada para o Venres 19 de Decembro en Redondela co lema POLA DEFENSA DO TERRITORIO E DA NOSA CALIDADE DE VIDA para amosar a grave situación que esta vivindo e vai vivir Redondela e Comarca. Algúns dos problemas polo que nos movilizamos están incluidos no Plan Vigo Íntegra, tales coma:

Upload Geek - Free Image Hosting
  • O Ave e as suas obras
  • A Ampliación do aeroporto
  • A Ampliación da AP-9
  • A Cementeira
  • Os novos Polígonos
  • Os Verquidos no Alvedosa
  • E outros tantos problemas que faran de Redondela un lugar onde ninguen desexará vivir.

FAITE OIR!!!!!! (foto durante a manifestacion)


Comments

]]>
Thu, 18 Dec 2008 17:13:03 +0100
advertencia: SETAS HERBICIDAS en Torneiros http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/11/26/advertencia-setas-herbicidas-en-torneiros http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/11/26/advertencia-setas-herbicidas-en-torneiros Upload Geek - Free Image Hosting

Nos informan continuamente sobre un herbicida sistemico que se esta utilizando en una parcela del monte de Torneiros proxima a la Asociacion de Montes abarcando unos 5000 metros

Upload Geek - Free Image Hosting

 

y produciendo daños en el entorno, pero sobre todo advertimos PELIGRO a las personas que ahora esten recogiendo SETAS COMESTIBLES por los daños que producen en la salud (incluso a largo plazo).

¡¡¡¡¡¡¡¡¡Parece ser que se sigue botando este veleno a dia de hoxe¡¡¡¡¡

(Fevreiro 2009)

 

 

 

Comments

]]>
Wed, 26 Nov 2008 17:59:57 +0100
A PROTESTA SORPRENDE E CHEGAN AROMAS DE CAMBIO POSITIVO http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/29/a-protesta-sorprende-e-chegan-aromas-de-cambio-positivo http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/29/a-protesta-sorprende-e-chegan-aromas-de-cambio-positivo Despliegue ecoloxista na rua Pio XII

protesta-defensa-gandaras-cristo.jpg

Centos de persoas firman e expresan o seu apoyo polo dereito a un vida mais saudable nun pobo mais fermoso.

.

.

.

cabezudo-firmon.jpg

Con humor o CRISTO firma un SI a posta en marcha de medidas para correxir a destruccion e a peste dos nosos fogares....

.

entre brincos a ....

.

ritmo de charanga...

.

no teatro da vida...

.

GRACIAS A TODOS, MOITO MOITO MILLOR PARA TODOS¡¡¡¡¡

Comments

]]>
Mon, 29 Sep 2008 12:27:46 +0100
Stand preventivo para protexer a natureza local http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/26/stand-preventivo-para-protexer-a-natureza-local http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/26/stand-preventivo-para-protexer-a-natureza-local Verdegaia e a Asociación VAL-Amigos do Medioambiente colocarán un stand informativo na Praza do Concello do Porriño (ou Pio XII) o vindeiro sábado 27 a partires das seis da tarde para divulgar os interesantísimos valores naturais e a enorme cantidade de desfeitas que padece o L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

 

 

Entre os valores naturais que alberga o L.I.C. das Gándaras de budiño e Ribeiras do Louro están Hábitats prioritarios segundo a Directiva hábitats como as turbeiras, os bosques de ribeira (aquí atopamos o máis extenso de Galicia), Hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis), ou parrulos como o charneco común (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica. Ademais, as Ribeiras do Louro constitúen unha das tres zonas húmidas interiores máis interesantes de Galicia.

 

 

No tocante ás desfeitas que padece este espazo natural salienta a contaminación do río Louro malia que existe unha E.D.A.R. construída xa en 2006 para atallar este problema e que aínda está sen funcionar polo desleixo de diferentes administracións: Consellaría de medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Confederación hidrográfica do Norte, e Concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Outros problemas ambientais son a perda de superficie protexida do L.I.C., a falla da posta en marcha do Proxecto de restauración, conservación e uso público deste espazo natural aprobado en 2007 polo Ministerio de Medio Ambiente, o estado ruinoso do Centro de Interpretación da Natureza que custou perto de oitenta milóns de euros, o lixo que aparece espallado polo lugar e as agresións que se suceden de xeito impune e repetido.

 

Centro de interpretacion ambiental das Gandaras en situacion de abandono

Ademais, no trascurso deste acto dará comezo unha campaña de recollida de sinaturas para esixir a axeitada protección do L.I.C. “Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro”. Dende Verdegaia e V.A.L. esiximos a protección do L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro mediante o estricto cumprimento da lexislación vixente. Así mesmo, esiximos a inmediata posta en funcionamento da depuradora de Guillarei, a recuperación da superficie incluída na Rede Natura até un mínimo de 872 hectares, a licitación do Proxecto de restauración, conservación e uso público deste espazo natural aprobado en 2007 polo Ministerio de Medio Ambiente e o equipamento e apertura do Centro de Interpretación da Natureza de Orbenlle.

 

Comments

]]>
Fri, 26 Sep 2008 03:15:41 +0100
LIMPEZA SIMULTANEA DE RÍOS http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/25/limpeza-simultanea-de-rios http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/09/25/limpeza-simultanea-de-rios

Nesta campaña de outono estamos a organizar unha limpeza nun río do Val da Louriña para o sábado 4 de outubro. Para esta xornada Porxecto Ríos editou un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos e VAL, Amigos do Medioambiente queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes e comportamentos responsábeis cara medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes.

As actividades desenvolveranse en 22 concellos simultaneamente. En cada un deles haberá unha persoa ou entidade responsábel.

Para anotarvos podedelo facer atraves da nosa web ou no teléfono 658943491 Paula Domínguez (Coordinadora VAL) , tamén se estades interesados en participar podedes contactar con Paco Bañobre, coordinador de grupos do Proxecto Ríos (teléfono: 981.57.00.00; pacobanhobre@adega.info).

Sen maís esperamos contar co voso apoio para conseguir unha terra maís limpa e sostibel.

 

Comments

]]>
Thu, 25 Sep 2008 16:09:41 +0100
Desecada unha barreira no espazo natural das Gándaras de Budiño http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/18/desecada-unha-barreira-no-espazo-natural-das-gandaras-de-budiao http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/18/desecada-unha-barreira-no-espazo-natural-das-gandaras-de-budiao Verdegaia denuncia que foi desecada a barreira do Cerquido no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. A pesar de estar incluída no Catálogo de Zonas Húmidas da Consellería do Ambiente e de ser o hábitat do sapoconcho clasificado en perigo de extinción.

 

Nos últimos días foi desecada a barreira* do Cerquido no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. A pesar de estar incluída no Catálogo de Zonas Húmidas da Consellería do Ambiente e de ser o hábitat do Emys orbicularis -un sapoconcho clasificado en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameadas e de interese comunitario na Directiva Habitats (92/43/CEE)- unha draga succionou toda a vida alí presente (agás un sapoconcho capturado previamente e trasladado a outra barreira). Ante estes factos Verdegaia quere manifestar que:

Fotografías da barreira do Cerquido no ano 2003 e na actualidade.

foto_da_barreira_do_cerquido_desecada_na_actualidade.jpg

barreira_do_cerquido_ano_2003.jpg

  1. A barreira do Cerquido é un espazo natural de alto valor ecolóxico que formou parte da Rede Natura até o ano 2004 cando a Consellería e Ministerio do Ambiente cederon aos intereses especulativos de varios particulares da zona, encabezados por J.J. Gradín.
  2. Nese mesmo ano construíuse sen autorización unha estrada de terra encol da turbeira e gándara do Cerquido (hábitat prioritario) e un muro que incomunicou a barreira do Cerquido e a turbeira. Estes feitos foron denunciados mais a Consellería do Ambiente di non ser competente e a de Política Territorial nin sanciona nin obriga a restaurar o lugar ao seu estado anterior.
  3. Descoñecemos a legalidade da explotación de arxila propiedade do señor Gradín (a delegación de Pontevedra do Servizo de Xestión Mineira da Consellaría de Innovación e Industria oculta información á propia Consellería do Ambiente) porén sabemos que a explotación:
    • foi sancionada hai anos por botar residuos alleos á explotación sobre barreiras nas que moraban sapoconchos (a maioría non puideron ser salvados a tempo),
    • estivo durante moitos anos parada, sen que Xestión Mineira dictara a súa caducidade,
    • ao finalizar a explotación o propietario pretende achairar a superficie e conseguir a reclasificación do chan (actualmente Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais) como terreo industrial, o que incumpriría a obriga de restaurar a zona ao seu estado anterior ou ao que lle esixa a Consellaría do Ambiente.
  4. Que esta e outras desfeitas impunes executadas nos últimos anos supoñen a progresiva desaparición da flora, fauna e hábitats deste espazo protexido só sobre o papel.
  5. Responsabilizamos da situación actual pola súa pasividade e incompetencia aos señores Rogelio Fernández, Xosé Benito Reza e Pachi Vázquez: Subdirector e Director Xeral de Conservación da Natureza e Conselleiro do Ambiente, respectivamente.
  6. Afirmamos que a barreira do Cerquido e a súa contorna son recuperábeis. É imprescindíbel que a Consellaría do Ambiente reincorpore eses terreos á Rede Natura e que a Consellaría de Innovación e Industria paralice a explotación en vista das numerosas irregularidades e dos danos que está a ocasionar.

Barreira*: lagoa de orixe artificial formada tralo abandono das explotacións de áridos.


Comments

]]>
Fri, 18 Jul 2008 12:46:01 +0100
Miles de persoas maniféstanse en Vigo para alertar da 'destrución' que sofre a ría http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/07/miles-de-persoas-manifestanse-en-vigo-para-alertar-da-destrucion-que-sofre-a-ria http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/07/miles-de-persoas-manifestanse-en-vigo-para-alertar-da-destrucion-que-sofre-a-ria  


25052008_3.jpgMiles de persoas convocadas pola plataforma 'A Ría non se vende', da que forma parte Verdegaia, déronse cita hoxe co fin de protestar contra a 'destrución' e as 'desfeitas' que sofre a ría de Vigo. A manifestación contou co apoio da rede 'Galiza non se vende'. Podes ver dous vídeos nesta noticia.

A manifestación saíu hoxe, ás 12.00 horas, desde a Praza dá Estrela até o barrio de Bouzas da cidade olívica rexeitando a ampliación do porto, a construción da macrodepuradora, dos portos deportivos e reclamando 'unha ría limpa'.

Neste sentido, un membro da asociación 'Bouzas Móvete', Duarte Ferrín, ironizou en declaracións a Europa Press a achega do 'consenso' que o rexedor local, Abel Caballero, destacou da cidadanía de Vigo. Precisamente, celebrou o 'éxito total' da convocatoria para que a Administración 'tome nota e vexa que non hai tal consenso'.

25052008_1.jpg Ademais, reivindicou 'unha ría limpa para goce de todos' e non un 'plan Nouvel' que sitúe unha torre no medio da Ría con centros de lecer, espazos de talasoterapia e hoteis, entre outros. Por iso, aplaudiu que a xente 'estea concienciada' e 'plante cara á pouca vergoña' do Goberno local e da Xunta.

Canto ás demais actuacións, considerou que a ampliación do porto en 230.000 metros cadrados é unha 'privatización' dun espazo 'de todos' e un modo de utilizar o litoral como un 'almacén'. Do mesmo xeito, interpretou que a medida anunciada de triplicar o número de amarres co obxectivo de 'captar demarcacións do norte de Portugal e doutros países para que pasen os invernos' en Vigo é produto 'dunha mala xestión', porque os amarres son 'suficientes'.

Para rematar, con respecto á construción dunha nova macrodepuradora en Lagares (Vigo), o propio Ferrín manifestou a súa posición contraria a esa planta. Así, defendeu a construción de pequenas depuradoras distribuídas polo territorio, e avogou pola implantación de mecanismos adecuados para a separación de augas pluviais, fecais e procedentes das industrias.

A manifestación defendeu a "explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial".

A marcha contou con asistentes dos 16 colectivos que integran "A ría non se vende", aos que se sumaron outros procedentes de diversos puntos de Galicia, como O Ribeiro ou Ferrol.

Á súa chegada a Bouzas, as organizacións leron un manifesto no que avogaron pola preservación da ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural, o mantemento de máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da ría e a eliminación da "contaminación actual" mediante un control de verquidos ou a utilización de sistemas de depuración.

Así mesmo, pediron a paralización inmediata dos proxectos de recheo previstos pola Autoridade Portuaria, ademais de pór "punto final" á instalación de máis portos deportivos na ría.

A rede de colectivos avoga por unha "consideración efectiva da ría de Vigo como un ben público de goce colectivo, mediante a conservación da súa paisaxe e forma de vida, fronte á destrución da natureza a mans de intereses políticos e particulares".

Comments

]]>
Mon, 07 Jul 2008 13:45:41 +0100
Verdegaia pide ampliar o LIC (espazo protexido) das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/07/verdegaia-pide-ampliar-o-lic-espazo-protexido-das-gandaras-de-budiao-e-ribeiras-do-louro http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/07/07/verdegaia-pide-ampliar-o-lic-espazo-protexido-das-gandaras-de-budiao-e-ribeiras-do-louro Verdegaia acaba de apresentar perante a Consellaría do Ambiente unha proposta de ampliación do LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Alarmados pola redución da superficie do LIC nun 25% desde o ano 1999, pola degradación sufrida na maioría dos Hábitats de Interese Comunitario -fundamentalmente aterramentos de turbeiras, lagoas e bosques de ribeira- e polas planificacións urbanísticas municipais que prevén a eliminación de máis bosques de ribeira e gándaras, a creación de novas áreas industriais ao carón do Camiño Portugués e o aterramento de parte da lagoa de Budiño para permitir o crecemento do polígono industrial das Gándaras;
Upload Geek - Free Image Hosting

a nosa asociación co apoio da AHE (Asociación Herpetolóxica Española) redactou un documento no que sinala que a superficie mínima a facer parte da Rede Natura para garantir o futuro deste espazo natural é de 872 hectares (actualmente son 727) sempre e cando a Consellaría comece a xestionar o LIC.

 
 

Comments

]]>
Mon, 07 Jul 2008 13:40:37 +0100
INFORMANOS¡¡ ESPECIAL VIDEO ENTREVISTA http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/30/informanos-especial-video-entrevista http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/30/informanos-especial-video-entrevista Recojemos material (videos, fotografias, datos) que nos puedas entregar de zonas verdes descuidadas, maltradas por la mano del hombre, vertidos y demas daños ecologicos o cualquier dato que nos desees comentar.

Todo de lo que nos puedas informar es muy grato de escuchar

A los que entreguen informacion nueva esta semana les haremos un reportaje especial dedicandole un espacio en este blog para la posteridad y una oportunidad sorpresa UNICA si asi lo desea.

Animate e informanos¡¡¡ 

Comments

]]>
Fri, 30 May 2008 21:19:36 +0100
FUTURAS ACTUACIÓNS http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/21/futuras-actuacions http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/21/futuras-actuacions FUTURAS ACTUACIÓNS

    • VENRES DÍA 23/05/2008 AS 19.00- PROXECTO RÍOS TRAMO ALTO FONTELIÑO.
    • SABADO DÍA 24/05/2008. ACTIVIDADE DOS SAPOCONCHOS (VERDEGAIA-MANU) NAS GÁNDARAS DE BUDIÑO
    • DOMINGO DÍA 25/05/2008. MANIFESTACIÓN. A RÍA NON SE VENDE (VIGO)

o       PROXIMA REUNIÓN VAL-MERCORES DÍA 28/05/2008 NA ESCOLA DE MÚSICA AS 20.30

Comments

]]>
Wed, 21 May 2008 09:19:33 +0100
Domingo 11 de maio: Roteiro de inspección dos colectores do río Louro no Porriño http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/09/domingo-11-de-maio-roteiro-de-inspeccion-dos-colectores-do-rio-louro-no-porrino http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/05/09/domingo-11-de-maio-roteiro-de-inspeccion-dos-colectores-do-rio-louro-no-porrino Verdegaia e V.A.L. organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores do río Louro no Porriño. 

Verdegaia e V.A.L.  organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores que verquen ilegalmente ó río Louro no Porriño. O obxectivo da actividade é realizar un mapa dos colectores polos que se realizan verquidos ilegais a este curso fluvial para posteriormente denunciar estes feitos antes as autoridades pertinentes. Ademais, aproveitaremos a realización deste roteiro para  reclamar, unha vez máis, que a E.D.A.R. de Tui comece a funcionar para solucionar o grave problema de calidade da auga que padece o Louro, un dos ríos máis contaminados de Galicia. Sairase da Estación da autobuses de Vigo ás 10:00 h. para chegar ás 11:00 h. ó aparcadorio da Lagoa de Orbenlle e aí comezar a camiñar.  O itinerario previsto é o seguinte: aparcadorio da Lagoa de Orbenlle, treito do río Louro entre a lagoa de Orbenlle e O Porriño.        

  A dificultade é media co inconvinte de camiñar a carón do río sen contar con bos camiños nalgúns treitos do roteiro.            O roteiro durará toda a mañá e descorrerá a carón do río Louro polo que cómpre levar calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos.         

 Esta actividade organízase en transporte público colectivo e para chegar á estación de autobuses pódese coller a liña C4C do autobús urbano, para non empregar o vehículo privado e así non contribuír ao avanzo do cambio climático.

Contacto: Manu: 675187124

Comments

]]>
Fri, 09 May 2008 11:43:35 +0100
Protesta no Concello Porriño http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/27/protesta-no-concello-porrino http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/27/protesta-no-concello-porrino depuradora concentracion

VAL amigos do medioambiente xunto con VERDEGAIA

Comments

]]>
Sun, 27 Apr 2008 21:51:36 +0100
CONCENTRACIÓN NO PORRIÑO http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/24/concentracion-no-porrino http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/24/concentracion-no-porrino O colectivo “VAL, Amigos do Medioambiente” do Porriño, xunto con grupo ecoloxista Verdegaia, realizarán unha Concentración o día 26 de Abril a partir das 12.00 na Praza do Concello do Porriño, denunciando publicamente o actual estado de abandono das instalacións da depuradora da conca do Río Louro e a deixadez por parte da administración autonómica e local do Val da Louriña.

A depuradora foi inaugurada no ano 2006 e tivo un custe de case 100 millóns de euros. Dende VAL exisimos a posta en funcionamento de ditas instalacións

Comments

]]>
Thu, 24 Apr 2008 15:55:59 +0100
A FENOLOXÍA http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/14/a-fenoloxia http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/04/14/a-fenoloxia
Que é a fenoloxía?

A fenoloxía estuda os fenómenos biolóxicos que se presentan acomodados a ritmos periódicos en relación co tempo e o clima. A fenoloxía parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son os mellores indicadores do tempo atmosférico, servindo tamén para valorar a repercusión que os cambios climatolóxicos poden ter nos seres vivos.

 

A fenoloxía e os ríos

Os ecosistemas fluviais dependen de múltiples factores para o seu bo funcionamento. Un destes factores é a fenoloxía dos organismos que habitan nos ríos, indicándonos cos seu ciclos vitais as interaccións existentes entre atmosfera, hidrosfera e biosfera, podendo establecer así climas e microclimas, unidades territoriais ou relacións de dependencia entre diferentes organismos. Variacións ou desaxustes no comportamento fenolóxico de determinadas especies poden incidir no correcto desenvolvemento de outras, provocando unha importante perda de biodiversidade. A fenoloxía das especies depende ademáis de factores atmosféricos como a temperatura, a insolación, as xeadas ou a dispoñibilidade de auga, condicionando directamente o funcionamento do ecosistema.


A fenoloxía e o cambio climático

O coñecemento do comportamento fenolóxico dos organismos que viven nos ríos é unha ferramenta moi valiosa á hora de analizar o estado de saúde do ecosistema e relacionalo coas actividades humanas e os seus impactos a nivel global. Según diversos estudos o cambio climático provocará unha diminución dos recursos hídricos do 30-35% o que evidentemente afectará aos cursos fluviais.

 

Comments

]]>
Mon, 14 Apr 2008 18:12:15 +0100
Concello de Porriño y el cuidado de naturaleza http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/02/01/concello-de-porrino-y-el-cuidado-de-naturaleza http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/02/01/concello-de-porrino-y-el-cuidado-de-naturaleza Estas son las ultimas denuncias el grupo ecologista gallego Verdegaia en el Concello de Porriño:

 Verdegaia alerta do risco de destrución de parte do bosque de ribeira da Lagoa de Budiño

Continúan as obras ilegais no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Verdegaia solicita o resgate da concesión dunha explotación de arxila nas Gándaras de Budiño

"VAL amigos del Medioambiente" apoya las propuestas y pide a los ciudadanos que participen, colaboren y conozcan la realidad en la que viven

Comments

]]>
Fri, 01 Feb 2008 22:49:07 +0100
Premio fotográfico Enero FOTOMATON http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/02/01/premio-fotografico-enero-fotomaton http://medioambienteval.nireblog.com/post/2008/02/01/premio-fotografico-enero-fotomaton Esta es la 1ª foto mas votada en el concurso publico organizado por VAL en todo el mes de Enero con una puntuacion de 4.8 sobre 5

Nos la envió "La cámara veloz"y comentó:

la camara veloz 1

"imagen que hace que nos preguntemos de donde viene ese vertido y que pinta en el rio ( se relacionara con esa fabrica?)."

Para ver todas la fotos del RANKING:
http://medioambienteval.mifotoblog.com/secciones.php?sid=18851

¡Ya sabes que si quieres ser TÚ el ganador de Febrero solo tienes que probar a enviarnos una foto del Valle del Louro¡

Comments

]]>
Fri, 01 Feb 2008 19:20:10 +0100